Free Porn
xbporn
Home Ourense A Xunta colabora co concello de Vilamarín na mellora da eficiencia enerxética...

A Xunta colabora co concello de Vilamarín na mellora da eficiencia enerxética da iluminación dos baixos do consistorio, da Escola Infantil, da Casa da Cultura e do Velorio

- Anuncio -
  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou as melloras realizadas nestas instalacións municipais no marco do Fondo de Compensación Ambiental
  • Natalia Prieto resaltou que 46 proxectos da provincia de Ourense foron beneficiarios destas achegas, ás que a Xunta destinou en 2021 máis de 1M€
  • Esta mesma semana publicouse a convocatoria deste ano do fondo, que contempla un orzamento de 11,3M€ para contribuír a recuperación sostible dos municipios

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou esta mañá no concello de Vilamarín, xunto co alcalde, Amador Vázquez, o remate das obras de eficiencia enerxética nas instalacións dos baixos da Casa do Concello, da escola infantil, da Casa da Cultura e do velorio, nas que a Xunta investiu case 30.000 euros través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental (FCA).
  • Nesta liña, Natalia Prieto destacou que 46 proxectos da provincia de Ourense foron beneficiarios destas achegas o ano pasado e recibiron máis 1 millón de euros.
  • A directora xeral de Administración Local tamén lembrou que esta mesma semana se publicou a nova convocatoria do FCA para este ano, que contará cun orzamento de 11,3 millóns de euros, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios galegos. As solicitudes deberán presentarse ata o 25 de febreiro e de forma telemática na sede electrónica da Xunta.
  • Entre as accións subvencionables do fondo inclúese a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables, como as actuacións levadas a cabo o ano pasado no concello de Vilamarín. Deste xeito, na escola infantil municipal, nos baixos da casa consistorial, na Casa da Cultura e no velorio substituíronse as luminarias de tipo incandescente e fluorescente por novas luminarias LED, máis eficientes e de menor consumo co obxectivo de optimizar o seu funcionamento.
  • Con estas axudas, a Xunta tamén apoiará un ano máis aos concellos na conservación da biodiversidade e á protección do medio ambiente e do espazo natural con outras actuacións como campañas divulgativas e plans ambientais ou a adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética. Tamén se financiará a compra de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, xunto con iniciativas encamiñadas á protección do ambiente e dirixidas a evitar a degradación e deterioración ambiental, a acadar unha mellor integración paisaxística na contorna, que permitan levar a cabo un maior control ambiental ou actuacións en infraestruturas municipais dirixidas á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.
  • A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108 millóns de euros. Tamén engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Publicacións Relacionadas