Home Ourense O Carballiño A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello do...

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello do Irixo cun espazo para fomentar a conciencia ecolóxica

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o proxecto “Irixoga”, que inclúe xogos adaptados a distintas idades e unha mesa de traballo para realizar labores de plantado ou coidado de especies vexetais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o proxecto Irixoga, un parque infantil cuberto destinado a fomentar a conciencia ecolóxica no que a Xunta colaborou no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de máis de 34.000 euros. Á visita tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

O parque sitúase fronte ao pavillón municipal de deportes e accesible desde o CEIP da Virxe da Pena. O espazo conta con xogos adaptados a distintos rangos de idade, cun pavimento que garanta a seguridade e con catro parterres, un areeiro con pá e un mesa de traballo para que os nenos e nenas poidan adquirir conciencia do respecto do medio ambiente levando a cabo labores de plantado ou de coidado de especies vexetais.

O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

En concreto, a construción, ampliación ou mellora das redes de luz pública; parques infantís, incluíndo a posta en marcha de parques cubertos como Irixoga ou a cubrición dos existentes; así como edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e instalacións deportivas de uso público, onde tamén se apoiará a mellora da súa accesibilidade e a dotación de equipamentos

Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños e, sobre todo, a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria da covid-19 dos concellos en canto á prestación de servizos.

A Xunta leva investidos no concello do Irixo máis de 900.000 euros nos últimos anos en melloras ambientais e de infraestruturas como a creación deste parque infantil cuberto Irixoga ou a pavimentación de varias vías municipais. Tamén se inclúen actuacións que se enmarcan no Fondo de Compensación Ambiental, ao que o Goberno galego destina este ano 12 millóns de euros, para melloras de eficiencia enerxética no alumeado público ou na rede de saneamento e recuperación de espazos ambientais.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas