Home Ourense A Xunta colabora na mellora da eficiencia enerxética do alumeado na Casa...

A Xunta colabora na mellora da eficiencia enerxética do alumeado na Casa do Concello de Vilamarín e do Auditorio Municipal

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras realizadas nestes edificios no marco do Fondo de Compensación Ambiental
O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas deste Fondo para 2021, que conta cun orzamento de 11M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe no concello de Vilamarín as melloras na instalación eléctrica do edificio municipal e do auditorio, unha obra coa que colaborou a Xunta cunha achega de 31.670 euros do Fondo de Compensación Ambiental.

A iluminación da casa consistorial e do auditorio adoecía de certas deficiencias e non era acorde coa demanda dos servizos que ofrece. Co obxectivo de reducir o consumo e de optimizar o seu funcionamento, substituíronse as luminarias de tipo incandescente e fluorescente por novas luminarias LED, máis eficientes e de menor consumo. As novas luminarias, ademais, presentan unha distribución de luz óptima que redunda nunha maior calidade da iluminación e un menor consumo.

Natalia Prieto puido comprobar o resultado dunhas melloras que se axustan aos obxectivos para os que foi creado o Fondo de Compensación Ambiental, que recolle expresamente nos gastos subvencionables a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables.

Precisamente hoxe publica o Diario Oficial de Galicia a orde de renovación do Fondo de Compensación Ambiental para o 2021, cun importe total de 11 millóns de euros. Ademais das actuacións que se valoraron noutras edicións, como os proxectos de recuperación ambiental, xestión de residuos ou eficiencia enerxética, a presente orde inclúe como nova a financiación de proxectos de redución de riscos derivados da exposición ao gas radon.

As axudas ao Fondo de Compensación Ambiental proceden do canon eólico, polo que van destinadas, principalmente, a aqueles concellos que conten cun parque eólico no seu territorio, pero tamén ao conxunto dos concellos de Galicia que presenten proxectos de conservación ambiental, primando os mancomunados ou os xestionados por consorcios.

Para poder ser beneficiarios destas subvencións, as entidades deberán ter remitidas as contas do exercicio orzamentario do 2019 ao Consello de Contas de Galicia. As solicitudes poderán presentarse ata o 25 de febreiro incluído na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

0
— Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían...

Publicacións Relacionadas