Home Ourense Baixa Limia A Xunta colabora na mellora enerxética da Casa do Concello e das...

A Xunta colabora na mellora enerxética da Casa do Concello e das instalacións de uso recreativo e deportivo de Lobeira

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas do Goberno galego

― Destinouse unha achega de 30.000 euros que permitiu reforzar o illamento térmico do consistorio, e outra de 35.000 para construír o primeiro parque infantil do concello e acondicionar a pista polideportiva

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o concello de Lobeira para coñecer as actuacións desenvolvidas nesta localidade ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas de uso público da Xunta. As obras realizadas supuxeron unha achega de 30.000 euros para o illamento térmico da Casa do Concello e doutra de 35.000 para a construción dun parque infantil e o acondicionamento de instalacións deportivas.

Así, no marco do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, realizáronse obras de mellora da eficiencia enerxética da envolvente da Casa do Concello. As actuacións centráronse na substitución da carpintería exterior por outra con rotura de ponte térmica e acristalamento máis eficiente. Tamén se instalou un revestimento interior do perímetro do edificio en todas as fachadas e en toda a altura, con paneis autoportantes a base dunha placa de xeso laminado con illamento de la de roca.

Na súa visita, a directora xeral salientou a importancia de apostar pola eficiencia enerxética dos edificios públicos, a prol da redución de custes e da sustentabilidade. Natalia Prieto referiuse tamén a outras iniciativas realizadas en Lobeira co apoio da Xunta ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, como a adquisición dun vehículo pick-up para actuacións de protección do medio natural ou a contratación de brigadas ambientais en diferentes exercicios. Con elas, o total de axudas concedidas a este concello pola Dirección Xeral de Administración Local destinadas a actuacións medioambientais e financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental ascendeu, nos últimos anos, a máis de 80.000 euros.
A directora xeral incidiu no compromiso da Xunta coas administracións locais concellos para a conservación da biodiversidade e a protección do medio natural. Así, neste ano, o Goberno galego investirá 11,3M€ ao Fondo de Compensación Ambiental como “ferramenta fundamental pata contribuír ao desenvolvemento e recuperación sostible dos municipios da Comunidade”, apuntou.

Primeiro parque infantil do Concello
Por outra banda, ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público o apoio da Xunta favoreceu a construción do primeiro parque infantil de Lobeira, co que se lle dá resposta a unha reiterada demanda da veciñanza. Nesta mesma liña de acción, melloráronse as condicións da única pista polideportiva do concello, situada ao aire libre e que requiría dun peche e dun pequeno galpón para gardar o equipamento.

A Orde de infraestruturas de uso público destínase a concellos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Segundo sinalou a directora xeral, a Xunta apoiou en Lobeira distintas accións nesta liña desde 2017, que supuxeron un investimento de case 103.000 euros e que, ademais das obras visitadas hoxe, incluíron melloras da iluminación pública.

Neste ano, o orzamento previsto para as actuacións ascende a 3,5 millóns de euros. O obxectivo é garantir un equilibrio entre o medio rural e o urbano, o interior e a costa, que permita tanto o desenvolvemento económico da totalidade do territorio galego como unhas óptimas condicións de vida da cidadanía con independencia do lugar de residencia.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas