Home Ourense A Xunta colaborou co concello de Ramirás en melloras da antiga escola...

A Xunta colaborou co concello de Ramirás en melloras da antiga escola de Fréas de Eiras

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as melloras levadas a cabo no municipio o ano pasado


― Contaron tamén cunha axuda do Goberno galego para o funcionamento do punto limpo da Mancomunidade Terra de Celanova e para melloras na instalación municipal no Picoto

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe as melloras levadas a cabo no Concello de Ramirás o ano pasado, concretamente as melloras levadas a cabo na antiga escola de Freás de Eiras, que contou cunha axuda de preto de 39.000 euros.


Natalia Prieto indicou que en total o ano pasado o concello recibiu preto de 87.000 euros para ademais desta mellora na antiga escola, para o funcionamento do punto limpo da Mancomunidade Terra de Celanova e para melloras de instalación municipal no Picouto.
Natalia Prieto lembrou que o investimento total neste concello ascende nos últimos anos a máis de 716.000 euros, que se destinaron á supresión de barreiras arquitectónicas mediante a instalación dun ascensor na casa Consistorial, melloras en espazos destinados a parques infantís, rede de saneamento e depuración de augas residuais urbanas e funcioamento do punto limpo, entre outros.


Ademais, nos anos 2017 e 2018 foi galardoado co Premios Coopera. No 2017 acadaron o 1º premio pola implantación de aula de conciliación e actividades formativas para mulleres xunto a A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. No ano 2018 acadaron tamén o 1º Premio coa Mancomunidade polo proxecto de eliminación de niños de vespa velutina mediante drone.


A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e as entidades locais para levar a cabo iniciativas como esta que contribúen á mellora das dotacións existentes de infraestruturas para a poboación, o que redunda no benestar e a calidade de vida da cidadanía.

Relacionadas

Villares participa na homenaxe aos falecidos no afundimento do arrastreiro Villa de Pitanxo no...

0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na homenaxe aos 21 tripulantes falecidos no afundimento do buque arrastreiro galego Villa de Pitanxo no...

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta...

0
— Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento — A Bandeira Verde de Galicia outorga visibilidade aos...

A Xunta asina un convenio con NTT data para potenciar a formación de profesioais...

0
— A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias,...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

A Deputación impulsa a creación dun mini parque termal lúdico no Concello de Arnoia...

0
A iniciativa, que conta cun orzamento de 359.535,39 euros, forma parte dos obxectivos do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal para beneficiar aos...

O conselleiro de Sanidade avanza a licitación nos vindeiros meses do proxecto do novo...

0
Gómez Caamaño destaca os avances nos trámites do novo centro de saúde, que terá máis de 2.300 m², facendo posible a ampliación da carteira...

Publicacións Relacionadas