HomeOurenseA Xunta comezará esta semana actuacións de roza e limpeza nas marxes...

A Xunta comezará esta semana actuacións de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-310, ao seu paso polos concellos de Verín e Vilardevós

- Anuncio -spot_img

― As intervencións seguirán noutras vías das 4 provincias, como nas estradas OU-540 e OU-402, nos concellos ourensáns de Barbadás e de Cortegada

― Proseguirán os traballos de limpeza na autovía AG-59, en Teo, na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na LU-162, no O Valadouro e Foz

― Continuarán tamén as tarefas en distintas estradas da provincia de Pontevedra: na vía de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e en Cangas; na PO-551, en Moaña; e na rotonda Vinquiño na PO-504 en Sanxenxo

A Xunta comezará a próxima semana actuacións de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-310, ao seu paso polos concellos ourensáns de Verín e de Vilardevós.

Tamén desde o luns continuaranse as tarefas xa iniciadas en semanas previas noutras estradas autonómicas das 4 provincias, como é o caso dos traballos na autovía AG-59, no concello de Teo.

Na provincia de Ourense proseguirán as tarefas nas estradas OU-540 e OU-402, nos concellos de Barbadás e de Cortegada, respectivamente.

Ademais seguirán os traballos re roza e limpeza na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e na estrada LU-162, nos concellos do Valadouro e Foz.

Tamén se dará continuidade ás tarefas de roza nas estradas da provincia de Pontevedra iniciadas en semanas pasadas, concretamente, na vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas; na PO-551, en Moaña; e ultimarase o acondicionamento da rotonda Vinquiño na PO-504 en Sanxenxo.
Control da biomasa
Estas actuacións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 M€, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e a mellora da seguridade viaria.

As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Publicacións Relacionadas