Licita o contrato de control da vexetación mediante roza dos espazos públicos, reservado a centros especiais de emprego
Acepta a cesión por parte da Deputación das rúas Quintián e Alejandro Pedrosa, e aproba as bases para conducir taxis
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá conceder 4 licenzas para a execución doutras tantas obras de iniciativa pública e privada, que suporán un investimento conxunto de 3,8 millóns de euros na cidade. Na mesma reunión, aprobou aceptar a cesión por parte da Deputación Provincial da titularidade das rúas Quintián e Alejandro Pedrosa, e as bases que regularán o procedemento para obter o permiso municipal para conducir taxis en Ourense. Tamén aprobou o expediente para contratar o servizo de control da vexetación de crecemento espontáneo mediante roza dos espazos públicos, que estará reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social. A reunión desta mañá incluiu un total de 29 asuntos:
Licenzas (4)
· Aprobar o proxecto de execución de construción dun edificio 24 vivendas entre a avenida de Santiago e a rúa Pilar Miró, cun orzamento de execución material de 2.144.519,82 euros
· Concederlle á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución para rehabilitación integral do IES Eduardo Blanco Amor, na rúa Vicente Risco, cun orzamento de execución material de 862.296,85 Euros.
· Concederlle á División Económica e Técnica da Dirección Xeral da Policía Nacional do Ministerio do Interior, licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de obras de mellora térmica da envolvente da Comisaría Provincial de Ourense, na rúa Mestre Vide, cun orzamento de execución material de 612.680,20 euros.
· Conceder licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás I, cun orzamento de execución material de 180.000 euros.
Xestión urbanística (1)
· Tomar razón da resolución do Xurado de Expropiación de Galicia polo que se fixa o xustiprezo da expropiación de terreos na zona 6 do SU-3.
Patrimonio (3)
· Inadmitir a trámite a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na Ponte Nova, por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para tramitar a mesma. As actuacións remitiránselle á Unidade de Ourense da Demarcación de Estradas de Galicia.
· Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular polas lesións sufridas por unha caída na rúa Río Camba, por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.
· En cumprimento de sentenza, recoñecer unha obriga de 561,27 euros a favor dun particular en concepto de indemnización por responsabilidade patrimonial.
Servizo de Rehabilitación, VPP e Peris (2)
· Outorgar definitivamente as subvencións solicitadas por particulares para financiar obras de rehabilitación de vivendas na zona ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira, na súa quinta fase. Son, concretamente, a reforma de baño e obras auxiliares e colocación de tarima con manta illante nun inmoble na Praza da Lexión, que recibirá unha axuda de 8.066,50 €, e a reforma de baño e obras auxiliares nun inmoble en Irmáns Xesta, que recibirá 6.173,55 €.
Servizo de Contratación (4)
· Aprobar o expediente para contratar por lotes o servizo de control da vexetación de crecemento espontáneo mediante roza dos espazos públicos do Concello, reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social, consonte á Disposición Adicional cuarta da Lei de contratos do sector público. Tamén se aproba o gasto correspondente ao contrato, por 53.833,25 €
· Acordar as prórrogas de 3 lotes do contrato do servizo de limpeza de centros educativos públicos de educación infantil e primaria (CEIP) do Concello.
Transportes (1)
· Aprobar as bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi no Concello de Ourense. As bases publicaranse proximamente no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Ourense.
Xestión económica e orzamentaria (1)
· Aprobar unha relación de facturas por un importe total de 4.500,06 € correspondentes a gastos realizados no exercicio 2021 que non seguiron a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio
Infraestruturas (1)
Dar a conformidade á Deputación Provincial de Ourense ao cambio de titularidade a prol do Concello de Ourense de dous treitos de estradas provinciais: a rúa Quintián e a rúa Alejandro Pedrosa, cuxa cesión se acordou en polo Pleno da institución provincial. De acordo co establecido na Lei de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación do Decreto da Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia.
Delegación de competencias (1)
Finalmente, deuse conta do novo decreto de delegación de competencias da xunta de goberno local na Alcaldía e nos concelleiros con responsabilidades de goberno, no ámbito das materias propias das súas áreas ou delegacións.
Avogacía Consistorial (10)
Sentenzas (3)
· Do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense que condena a un condutor como autor responsable dun delito contra a seguridade do tráfico por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, á pena de 20 días de traballo en beneficio da comunidade, e privación do dereito a conducir vehículos a motor ou ciclomotores durante 8 meses. Tamén o condena a indemnizar o Concello na cantidade de 937,25 € por danos e prexuízos.
· Do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, relativa ao abono dunha pensión.
· Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o recurso dunha traballadora municipal que solicitaba a reclasificación do seu posto de traballo.
Auto (1)
Ditado polo Xulgado do Contencioso administrativo número 1 que ten por executada a resolución xudicial relativa á execucion de obras de realizacion de ramplas de acceso a garaxe e canalóns de recollida de augas nun edificio na rúa Valle Inclán.
Comparecenzas (7)
O Concello de Ourense deberá comparecer diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, nos procedementos abreviados interpostos por:
· unha empresa e a súa compañía aseguradora, en materia de responsabilidade patrimonial pola caída de varias polas dunha árbore sobre un vehículo cando estaba estacionado na rúa;
· pola Federación de Servizos Públicos da UXT de Ourense, que solicita a anulación do expediente para cubrir en comisión de servizos unha praza de inspector principal e 3 prazas de inspector da Policía Local; e
· por unha empresa en relación ao imposto de incremento de valor dos terreos de natureza urbana
Diante do Xulgado do Contencioso nº 1 en 3 procedementos abreviados que interpoñen traballadores municipais por cuestións laborais e unha condutora e a súa compañía aseguradora contra a desestimación dunha reclamación de responsabilidade por danos causados nun vehículo por un alcorque.