Home Ourense A Xunta de Goberno aproba o expediente para contratar as obras de...

A Xunta de Goberno aproba o expediente para contratar as obras de mellora da accesibilidade na rúa Rosalía de Castro, cun orzamento de 1,8 millóns

- Anuncio -

Instalarase un elevador inclinado para salvar a pendente existente entre as rúas Mercado e Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte


Aproba tamén a ampliación de capacidade e a modificación das condicións de uso do espazo termal gratuíto de Outariz

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de mellora da accesibilidade e mobilidade na rúa Rosalía de Castro, no barrio da Ponte, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas polo importe de 1.827.811,19 euros, IVE engadido. O proxecto prevé a construción dun ascensor inclinado que salvará o desnivel existente entre a rúa Ribeira de Canedo e a rúa Mercado, que actualmente están comunicadas a través dunhas escaleiras de forte pendente. O goberno municipal prevé que as obras comecen a principios do próximo ano 2023.

Na mesma sesión, a xunta local aprobou tamén a modificación da capacidade e condicións de acceso ao espazo termal de uso lúdico e gratuíto da Burga de Canedo, en Outariz. Como anunciara no día de onte o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, as modificacións entrarán en vigor mañá, venres, 23 de setembro.

A xunta local abordou un total de 16 asuntos na súa sesión desta mañá:

Turismo e Termalismo(1)

Aprobar a modificación da capacidade e condicións de acceso ao espazo termal de uso lúdico da Burga de Canedo, en Outariz, nos seguintes aspectos:

  • Eliminar a limitación de horarios de acceso, así como a regulación por quendas para acceder ao espazo lúdico termal da Burga de Canedo.
  • Establecer a recomendación xeral de non facer uso dos vasos termais durante máis de 30 minutos diarios.
  • Establecer en 90 minutos ao día o límite máximo de tempo de permanencia no recinto delimitado para o espazo termal da Burga de Canedo.
  • Establecer a obriga de contribuír á tranquilidade do espazo lúdico termal, mantendo baixos os niveis xerais de ruído e conversación.
  • Establecer a prohibición de bloquear ou invadir as zonas de provisión de auga termal dos distintos vasos, así como as escaleiras e demais vías de acceso a estes.
  • Establecer a idade mínima de acceso e uso dos espazos termais en 10 anos, debendo acreditar o cumprimento, nos casos que así fose requirido, mediante o correspondente documento de identidade.
  • Establecer as capacidades máximas dos vasos termais da Burga de Canedo tal e como se detalla a continuación:
  • Vaso 1: Capacidade máxima de 50 persoas
  • Vaso 3: Capacidade máxima de 30 persoas

En consecuencia, o máximo de persoas usuarias dentro do recinto delimitado para o espazo termal da Burga de Canedo en ningún momento pode exceder das 80 persoas. Os cambios terán efecto a partir de mañá, venres, 23 de setembro.

Licenzas (2)

Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dunha vivenda unifamiliar na estrada de Reza
Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto básico para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Cotarelo Valedor
Patrimonio (2)

Recoñecer que unha parcela na paraxe das Regueiras, Seixalbo, que figura no Inventario de Bens do Concello de Ourense non é de titularidade municipal, e levar a cabo as actuacións necesarias para propoñerlle ao Pleno a baixa no dito inventario, na súa vindeira actualización.
Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por varios particulares por danos derivados do funcionamento da antiga EDAR de Ourense por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización e aceptar a desistencia da reclamación por diminución do valor das súas propiedades. Suspéndese o prazo para resolver o procedemento ao abeiro do artigo 22.1 d) da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, ata que se emita o preceptivo ditame do Consello Consultivo de Galicia.
Contratación (1)

Aprobar o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de mellora da accesibilidade e mobilidade na rúa Rosalía de Castro, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas polo importe de 1.827.811,19 euros, IVE engadido. Tamén se aproba o gasto e disponse a apertura do procedemento de adxudicación, polos trámites do procedemento aberto.
Infraestruturas (2)

Ampliar por 1 mes o prazo de redacción do proxecto de adecuación e legalización de instalación eléctrica de 29 centros de mando de alumeado.
Requirirlle a ADIF S.A. ,como titular do noiro sito na rúa Rio Arnoia, para que lle dea estabilidade no prazo de 3 meses, co apercibimento de nova multa coercitiva ou execución subsidiaria. Tamén lle impón a ADIF S.A. como titular do noiro unha multa coercitiva de 300 euros polo incumprimento da súa obriga.
Xestión económica e orzamentaria (1)

Aprobar as liquidacións, por un importe total de 233.700 euros, correspondente a gastos realizados no exercicio 2020 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no indicado exercicio, a favor do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, relativas ás escolas infantís da rúa Colón, Berrocás e Centro Interxeracional.
Avogacía Consistorial (7)

Sentenza ditada pola Audiencia Provincial que desestima o recurso dunha particular contra a sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Ourense sobre danos nun sinal de titularidade municipal polo importe de 118,77 euros.
Sentenza ditada polo Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Ourense, que desestima o recurso dunha aseguradora e unha condutora que reclamaban unha indemnización de 505,90 euros por danos nun vehículo, que atribuían a un presunto mal estado da rúa Río Támega
Sentenza do Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Ourense, que estima o recurso interposto por unha empresa contra a inactividade do Concello de Ourense respecto do escrito no que se solicitaba que declarase que un inmoble sito no Sobreiral, Untes, ten vixente a licenza municipal para actividade hoteleira e de restauración
Auto aclaratorio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no Procedemento Ordinario 7572/2021, en relación a un expediente de expropiación forzosa.
Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, na Peza Separada de Medidas Cautelares, promovida por unha particular contra o ditame do Concello no que se acordaba a declaración de ruína e demolición dun inmoble na rúa Portalón do Casar. O auto denega a adopción das medidas cautelares solicitadas.
Comparecencias

O Concello deberá comparecer diante do Xulgado Contencioso Administrativo núm. 2 de Ourense, no Procedemento Abreviado interposto por un particular pola inexecución do acto firme de demolición dunhas obras denunciadas, e diante do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense, no Procedemento Abreviado interposto por unha particular contra un decreto da Área de Política Social.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas