HomeOurenseA Xunta de Goberno aproba o proxecto de Orzamento Xeral do Concello...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de Orzamento Xeral do Concello para 2025, por un importe de 116 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O acordo remítiráselle á Comisión de Pleno para que se abra un prazo de 10 días para a presentación de emendas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía nunha sesión extraordinaria o proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2025, formado polos orzamentos do propio concello e do seu organismo autónomo, o Consello Municipal de Deportes, as bases de execución e os anexos de persoal, por un importe total de 116.342.988,82 euros.

O acordo remitiraselle á Comisión de Pleno para que, de conformidade co previsto no Regulamento Orgánico do Concello, se inicie un prazo de 10 días naturais para a presentación de emendas.

Publicacións Relacionadas