HomeOurenseA xunta de goberno aproba os expediente para contratación dos proxectos de...

A xunta de goberno aproba os expediente para contratación dos proxectos de elevación vertical nos barrios da Cruz Alta e Carballeira

- Anuncio -spot_img

Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local do 14 de xullo de 2022

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou esta mañá os expedientes para contratar os proxectos de elevación vertical nos barrios da Cruz Alta e da Carballeira. Desde mañá poderán presentarse ofertas para a adxudicación destas obras. Ademais, tratáronse un total de quince asuntos presentados polas diferentes áreas municipais, entre eles, dous de licenzas, un de Aperturas, dous de contratación, dous de Medio Ambiente, un de Artes e Festexos e sete da Avogacía Consistorial.

Licenzas (2)

· Licenza para urbanística para proxecto básico e de execución para construción de pista cuberta no IES Xesús Ferro Couselo.

· Denegación de licenza para troco de uso de local comercial na rúa Manuel Antonio.

Aperturas (1)

· Denegación de licenza de obra en vía de legalización de supermercado na rúa Alfonso Rodríguez Castelao.

Contratación (2)

· Aprobación do expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de elevación vertical na Cruz Alta de Ourense, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas por importe de 1.084.816,07 euros.

· Aprobación do expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto de mobilidade vertical e humanización da rúa Nicomedes Pastor Díaz, coa correspondente aprobación do prego de condicións económico – administrativas por importe de 1.667.122,20 euros.

Medio Ambiente (2)

· Outorgamento de autorización para uso de hortos destinados a persoas con mobilidade reducida e ao público xeral, e aprobación da listaxe de espera.

· Aprobación do proxecto de “Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Ourense”.

Artes e Festexos (1)

· Corrección de erros no acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de decembro de 2021, punto 14, relativo ao Informe proposta de xustificación do convenio regulador de subvención nominativa á entidade El Liceo de Ourense para gastos de funcionamento e realización de actividades xerais propias da entidade beneficiais no exercicio 2021.

Avogacía Consistorial (7)

· Coñecer e non recorrer a sentenza núm. 116/22, de 28 de xuño do 2022, ditada polo Xulgado Contencioso – Administrativo nº 2 de Ourense, no procedemento ordinario núm. 222/2021, promovido pola central sindical CSIF.

· Coñecer e non recorrer a sentenza ditada pola Sala do Contencioso – Administrativo, Sección 1º, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da Coruña, no recurso de apelación promovido por un ex-traballador eventual municipal.

· Coñecer e non recorrer a sentenza que desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ourense contra a sentenza do 19 de xullo de 2021 ditada polo Xulgado Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense.

· Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer e presentarse en calidade de demandado diante do Xulgado Contencioso – Administrativo núm. 1 de Ourense no procedemento abreviado interposto contra a estimación da reclamación económica – administrativa fronte á Resolución do Xefe do Órgano de Xestión Tributaria.

· Dar conta da sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 1 no procedemento abreviado promovido a instancia do Ministerio Fiscal por un delito leve de danos contra bens de titularidade municipal (sinal de tráfico), sita na rúa Pena Corneira.

· Dar conta da sentenza ditada polo Xulgado do contencioso administrativo nº 2 contra a desestimación presunta da solicitude de licenza urbanística formalizada ante o Concello para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas sito na rúa San Francisco.

· Dar conta da sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 1 de Ourense, no procedemento abreviado promovido a instancia do Ministerio Fiscal e como acusación particular, o Concello de Ourense contra un particular pola comisión dun delito de atentado contra axente da autoridade e danos no uniforme.

Publicacións Relacionadas