A Xunta de Goberno aproba un proxecto de modificación orzamentaria que destinará 300.000 euros a axudas de emerxencia social

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en sesión extraordinaria o proxecto de modificación orzamentaria 26P, que ten como finalidade destinar unha contía de 300.000 euros á partida de axudas do programa de emerxencia social. O importe da modificación financiarase con cargo a remanente de tesouraría para gastos xerais.

O goberno municipal presentará este proxecto de modificación orzamentaria ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.

Comparte este artigo