HomeOurenseA xunta de goberno dálle o visto bo á supresión da taxa...

A xunta de goberno dálle o visto bo á supresión da taxa de veladores de hostalaría para os anos 2020 a 2022

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno local do Concello de Ourense deu conta na súa xuntanza desta mañá de 14 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais. Entre eles, aprobou o proxecto de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local. Este acordo ten como finalidade suspender durante os anos 2020, 2021 e 2022 a aplicación da taxa que o Concello lles cobra aos locais de hostalaría por instalar terrazas na vía pública, coa finalidade de apoiar a este importante sector económico, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da COVID-19. O Concello tamén anulará as liquidacións aprobadas e devolverá os ingresos correspondentes aos ditos períodos impositivos. A modificación desta ordenanza deberá ser aprobada polo Pleno do Concello.

Licenzas (5). Concedéronse licenzas para a mellora das condicións de accesibilidade mediante a instalación de ascensores en tres edificios da cidade; para a substitución da cuberta doutro edificio; e para a construción dunha vivenda unifamiliar.

Patrimonio (4). Desestimáronse tres reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas contra o Concello, ao non ser este o organismo responsable para tramitalas: a primeira polos danos ocasionados nunha moto polo mal estado da rúa Melón; a segunda polos danos ocasionados nun vehículo pola tapa dun sumidoiro; e polos danos causados no garaxe dunha comunidade de vivendas como consecuencia da filtracións de augas.

Por outra banda, corrixiuse unha reclamación contra un particular e a súa compañía aseguradora por danos no mobiliario urbano. No acordo, especifícase a cantidade que lle reclama o Concello: 72,31 euros.

Infraestruturas (1). Solicítaselle o cambio de titularidade a favor do Concello de Ourense da rúa da Concordia e a avenida Bos Aires -no tramo entre as rúas Santo Domingo e Ramón Cabanillas, a antiga estrada N-120, actualmente de titularidade da Xunta de Galicia- e comunicáselle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que, co cambio de titularidade, quedará sen efecto o compromiso de financiamento do 30 % do orzamento das obras de reparación de servizos e do firme da rúa Marcelo Macías.

Xestión tributaria (1). Aprobouse o proxecto de modificación da Ordenanza fiscal reguladora das taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

Alcaldía (1). Deuse conta da Delegación de atribucións da Xunta de Goberno en materia en contratación no concelleiro delegado da Área de Política Social, Igualdade e Saúde, Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo, Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información, Seguridade Cidadá, Comercio e Mobilidade e Transporte, Telmo Ucha.

Avogacía consistorial (2). Unha sentenza e unha comparecencia.

Deu conta da sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, no procedemento ordinario 26/2019, promovido por unha particular que lle solicitara ao Concello a expropiación dos edificios sitos na rúa Basilio Álvarez, 4 e Avda. das Caldas. A sentenza obriga o Concello a obter o inmoble, por expropiación ou por calquera dos outros medios que se prevén na Lei de Solo (convenio ou permuta forzosa), partindo da súa consideración como Solo Urbano Consolidado.

O Concello recorrerá a sentenza porque no expediente administrativo obran informes que xustifican que o solo debe considerarse Solo Urbano Non Consolidado, xa que se atopa unha zona onde se vai realizar unha reforma integral.

Por outra banda, o Concello comparecerá diante do Xulgado Contencioso Administrativo núm. 1 de Ourense, no Procedemento Ordinario 268/2020, interposto pola Diócese Ourensá en relación coa valoración de dúas parcelas da súa propiedade que foron ocupadas polo Concello para a construción dunha pista deportiva en Cudeiro e unha pista deportiva e un parque en Seixalbo, de uso público, que están en funcionamento desde 1995.

O Concello e a Diócese asinaran un convenio o 17.07.94, que prevía unha permuta destas dúas fincas da Diócese por outras dúas do Concello, mais o convenio non se puido cumprir e o Concello non chegou a entregar as parcelas previstas. A Diócese non recibiu compensación a cambio, e o Concello acepta que debe indemnizarlle. De acordo cos técnicos municipais, a parcela ocupada en Cudeiro valórase en 38.897,94 euros e a de Seixalbo en 62.959,68, polo que procedería unha indemnización de 102.857,52 euros en favor da Diócese de Ourense. A Diócese entende que a valoración debe ser superior.

A información contida neste correo electrónico é confidencial e está dirixida exclusivamente para o uso da persoa ou entidade a quen vai dirixido. Por favor, se vostede non é un delas, indicámoslle que está totalmente prohibida calquera utilización, divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación sen autorización expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta mensaxe por erro, pedímoslle que nolo notifique inmediatamente por esta mesma vía e elimine a mensaxe do seu sistema

O Concello de Ourense, infórmalle de que o seu enderezo electrónico, así como o resto dos datos de carácter persoal que nos facilite a través deste medio, serán incorporados a un ficheiro de titularidade do Concello de Ourense, coa finalidade de manter a relación contractual. Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

La información incluida en este correo electrónico es confidencial y está dirigida exclusivamente a la persona o entidad a quien va dirigido. Por favor, si usted no es una de ellas, le informamos que está totalmente prohibida cualquier utilización, divulgación, distribución y/o reproducción de esta comunicación sin autorización expresa en virtud de la legislación vigente. Si ha recibido este mensaje por error, le rogamos nos lo notifique inmediatamente por esta misma vía y proceda a su eliminación del mensaje de su sistema.

El Concello de Ourense, le informa que su dirección de correo electrónico, así como el resto de los datos de carácter personal que nos facilite a través de este medio, serán incorporados a un fichero titularidad del Concello de Ourense, con la finalidad de mantener la relación contractual. Podrá ejercer sus derechos de rectificación, limitación y supresión de datos mediante solicitud realizada ante el Concello de Ourense, solicitud que podrá presentarse según las formas previstas en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015 de 1 de octubre

Publicacións Relacionadas