HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno impulsa novas ordenanzas reguladoras do informe de avaliación...

A Xunta de Goberno impulsa novas ordenanzas reguladoras do informe de avaliación de edificios e das entidades certificadoras (ECCOM)

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía os proxectos de dúas novas ordenanzas municipais, reguladoras do informe de avaliación dos edificios, e dos títulos habilitantes de natureza urbanística e das entidades certificadoras de conformidade municipal (ECCOM) do Concello de Ourense. Os dous documentos serán trasladados aos grupos políticos municipais, que poderán formular emendas nun prazo de 10 días desde que reciban a comunicación, antes de que o documento sexa presentado ante o Pleno do Concello para a súa aprobación inicial.

Na mesma sesión, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos, aprobou outros 19 acordos presentados polos diferentes servizos municipais.

Licenzas (3): Concedeu as licenzas para ampliar unha vivenda unifamiliar na rúa do Curro (Santa Mariña do Monte) e para instalar un ascensor nun edificio de vivendas da rúa Carriarico. Tamén autorizou a segregación dunha parcela na rúa Parada Justel.

Patrimonio (2): Aprobou recoñecer dúas obrigas derivadas de resolucións xudiciais.

Infraestruturas (3): Acordou recoñecer tres obrigas: dúas a favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e outra a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1.

Administración Xeral (1): Rectificou un erro material nun acordo dunha xunta de goberno anterior.

Contratación (1): Aprobou a prórroga do contrato do servizo de rede de telecomunicacións do Concello (lote 2: telefonía móbil).

Artes e Festexos (1): Aprobou as bases e a convocatoria do Concurso de Maios e Coplas de Ourense 2026.

Avogacía Consistorial (8): Deu conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, outra do Tribunal de Instancia (Sección do Penal) de Ourense e catro do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo de Vigo. Tamén foi informada de que o Concello comparecerá en dous procedementos xudiciais diante do Tribunal de Instancia (Sección do Contencioso-Administrativo) de Ourense.

Publicacións Relacionadas