HomeOurenseA Xunta de Goberno Local adoptou 23 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local adoptou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local, que tivo lugar esta mañá, día 24 de xullo, deu conta conta de 23 asuntos distribuídos nas seguintes áreas:

Avogacía Consistorial

Deu conta de 3 autos, e 8 sentenzas nos xulgados Contencioso administrativo núm. 2, núm. 1, polo xulgado de primeira instancia núm. 3 de Ourense e polo xulgado contencioso administrativo núm. 2 de Vigo. Tamén foi emprazado para comparecer en calidade de demandado en 3 procedementos.

Servizo de Licenzas urbanísticas de actividade, apertura e disciplina

Concedeu unha licenza para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña, na Granxa.

Estimou un recurso de reposición por unha denegación de solicitude de licenza urbanística de obra para un proxecto básico de adaptación de local en planta baixa a vivenda na rúa do Ensino.

Declarou a caducidade dunha licenza de obras na Avda. de Portugal.

Autorizou a solicitude de modificación das obras complementarias de urbanización na rúa Aureanas.

Servizo de Planeamento, xestión urbanística e patrimonio

Desestimou a reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas por unha caída na rúa Concordia.

Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS

Primeira resolución parcial da convocatoria de subvencións Programa 1 de axudas ás actuación de rehabilitación a nivel de barrio para o Conxunto Histórico de Ourense; para O Polvorín, As Camelias, A Carballeira e para o Núcleo de interese etnográfico de Seixalbo.

Publicacións Relacionadas