A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 12 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello.
Licenzas (6)
Autorizar o troco do uso do baixo dun edificio na rúa Avilés de Taramancos e conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de acondicionamento dun local para garaxe-aparcamento e rochos
Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución de reforma e ampliación dun local no baixo dun edificio da rúa Arcediagos
Conceder a licenza de agregación de 3 parcelas na contorna da rúa Antolín Losada
Conceder a licenza de agregación para unha parcela na rúa Irmáns Casas
Denegar unha licenza de obras
Denegar unha solicitude de prórroga para o remate de obras
Aperturas (1)
Conceder a licenza de obra e actividade para unha clínica de fisioterapia, na rúa Nosa Señora das Ermidas
Patrimonio (3)
Requirir unha aseguradora para que lle pague ao Concello 971 euros concepto de indemnización polos danos causados por un vehículo nunha farola na rúa Xoan de Nóvoa
Requirir outra aseguradora para que lle pague ao Concello 360,32 € polos danos causados por un vehículo nun sinal vertical e unha beirarrúa na rúa do Ribeiriño
Inadmitir unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos nun vehículo pola caída dunha árbore nunha pista de terra nos Peares (Concello da Peroxa), por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para. As actuacións remitiránselle ao Concello da Peroxa
Infraestruturas (2)
Aprobar e dispoñer o gasto, e recoñecer a obriga para o abono da cantidade de 137.124,15 euros, por unha certificación das obras de pavimentación en pedra e renovación de servizos nas rúas de San Lázaro, Xoaquín Lorenzo Fernández, Bedoya ata Valle Inclán e Cardeal Quevedo até a Avenida da Habana.
Aprobar e dispoñer o gasto, e recoñecer a obriga para o abono da cantidade de 139.254,48 euros, por unha certificación das obras de acondicionamento e mellora das rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya, na súa intersección coa rúa Valle Inclán e a Avenida de Bos Aires.