HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aproba a continuación na prestación do servizo...

A Xunta de Goberno Local aproba a continuación na prestación do servizo de auga por parte de Viaqua

- Anuncio -spot_img

Tamén autorizou 2 convenios de colaboración co Liceo e adxudicou a consultoría para o proxecto de dixitalización do ciclo da auga

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse de novo este mediodía no salón de plenos en sesión extraordinaria e urxente para adoptar 4 acordos:

· Aprobar a continuación na prestación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Ourense por parte da empresa Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

A continuidade acórdase con carácter excepcional, por razóns de interese público, co fin de garantir a continuidade na prestación deste servizo, dado o seu carácter de esencial e obrigatorio para o Concello, limitándose ao tempo imprescindible para a adxudicación dun novo contrato de xestión do servizo ou a súa substitución por unha fórmula viable de xestión directa.

· Adxudicar a PW Advisory & Capital Services, SL, o contrato dos servizos de consultaría e asistencia técnica para a correcta xestión, execución, seguimento e xustificación das actuacións vinculadas ao proxecto de dixitalización e mellora da eficiencia en materia de xestión do ciclo integral da auga do municipio de Ourense (PERTE dixitalización do ciclo da auga).

Este proxecto está financiado parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, dento do programa de axudas a proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga (PERTE dixitalización do ciclo da auga, Orde TED/934/2022, modificada pola Orde TED/919/2023.

· Aprobar dous convenios de colaboración entre o Concello e o Liceo de Ourense, por importe total de 12.000 euros (6.000 euros cada un).

Publicacións Relacionadas