A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá, a primeira do ano 2023, 5 expedientes presentados polo Servizo de Licenzas. Trátase, por unha banda, da concesión de 3 licenzas de obra, para a construción dunha vivenda unifamiliar na rúa da Viña, na localidade de Rairo, para a adaptación dun local para vivenda na rúa Luis Seoane, e para o proxecto básico e de execución de obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar, en Santa Mariña do Monte. Na mesma reunión, acordou denegar 2 solicitudes de emisión de certificados de innecesariedade de licenzas de segregación de parcelas, unha no Paseo das Ninfas e outra na rúa Sáenz Díez, toda vez que non se dan os requisitos previstos na Lei 2/2016 do Solo de Galicia



