A modificación 2P ascende a 1,7 millóns, que se destinarán principalmente a partidas da área social, e a 3P destina 5,1 millóns ás obras do Parque de Canedo
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía nunha sesión extraordinaria e urxente dous proxectos de modificacións orzamentarias (2P/2025 e 3P/2025), que o goberno municipal elevará ao Pleno do Concello a súa aprobación provisional.
A modificación orzamentaria 2P/2025 ascende a 1.713.902,50 euros. Por unha banda, suplementa crédito por importe de 1.103.502,50 euros para as partidas de Axudas do programa de emerxencia social (300.000), Convocatoria anual de subvencións de benestar social (353.502,50) e Reparacion, mantemento e conservación de edificios de ensino (450.000).
Por outra, dota créditos extraordinarios, por un importe total de 610.400,00 euros, para os convenios de colaboración do Concello de Ourense con Cáritas (280.000), Asociación de persoas con discapacidade de Ourense ADO (30.000), Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer AFAOR (70.000), Banco de Alimentos (15.000), Cruz Vermella Española (110.000), Asociación contra o Cancro (25.000), Federación de Asociacións Veciñais Limiar (15.200) e Agrupación de Asociacións Veciñais Miño (15.200), e outros 50.000 euros para investimentos en traballos de reparación de locais.
A modificación orzamentaria 3P/2025 suplementa crédito na partida de Investimentos novos en parques e xardíns, por importe de 5.195.734,45€, destinados ás obras do Parque de Canedo
Os dous proxectos de modificacións orzamentarias, que o goberno municipal elevará ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á súa aprobación provisional, financiaranse con cargo ao Remanente de Tesouraría.