HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aproba o expediente para contratar o servizo...

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria 

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en sesión extraordinaria e urxente o expediente  para contratar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ourense, coa correspondente aprobación das cláusulas administrativas e técnicas, cun orzamento de licitación anual de 14.745.885,51 €, de principal, e 1.474.588,55 € de IVE, para un total de 16.220.474,06 €.

No acordo, dispón a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, en réxime de tramitación anticipada de gasto, sometido á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente nos respectivos orzamentos para o financiamento do contrato (anualidades 2026 a 2035). O órgano de contratación resérvase a facultade de reaxustar as anualidades cando as esixencias de execución orzamentaria o aconsellen.

Tamén acordou comunicarlle a efectos informativos á Xunta Consultiva de Contratación de Galicia a estrutura de 2 costes incluída no prego, de conformidade co previsto no artigo 9, parágrafo 7º do RD 55/2017, de desindexación da economía española

Publicacións Relacionadas