A Xunta de Goberno Local aproba o expediente para contratar o servizo de transporte público colectivo de Ourense

adminON
Lectura mínima de 1

O contrato ten un orzamento de licitación de 52,5 millóns de euros para o período 2026-2031

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en sesión extraordinaria e  urxente o expediente para contratar o servizo de transporte público colectivo urbano de Ourense para o período 2026 – 2031.

No acordo, aproba os pregos de cláusulas administrativas e técnicas da licitación, cun orzamento total de 52.533.835,11 euros, IVE engadido para os 5 anos. A Xunta Local dispón tamén a apertura do procedemento de adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto.

O novo prego recolle as modificacións suxeridas na resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) en relación a esta licitación.

Comparte este artigo