A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá nunha sesión extraordinaria e urxente o proxecto de modificación orzamentaria 4P/2025. Ascende a un total de 5.896.058,71 euros, que se destinarán na súa maior parte ao pagamento de facturas incluídas na conta 413. A modificación orzamentaria financiaríase integramente a cargo de remanente de tesourería para gastos xerais.
O proxecto aprobado esta mañá será presentado ante o Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación orzamentaria proposta.

