A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 11 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos.
Licenzas (4).
- Concederlle a unha comunidade de propietarios a licenza urbanística de obras para o proxecto básico e de execución para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Río Salas
- Denegar a solicitude de prescrición dunha infracción urbanística e da certificación de uso residencial dun inmoble na rúa Manuel Murguía
- Declarar que non é precisa a autorización do Concello para desvincular unha praza de garaxe dunha vivenda nun inmoble da rúa Valle Inclán
- Estimar un recurso de reposición contra un acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xuño de 2025 relativo a unha solicitude de licenza de obras de ampliación dunha vivenda unifamiliar nas Barxas.
Patrimonio (4) Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial (2 desestimacións, 1 inadmisión e 1 desistencia).
Infraestruturas (1) Pagamento de taxas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola autorización para executar as obras de “Adecuación do camiño da Beira do Regato Eirasvedras”, en zona de policía do río do Porto.
Sistemas de información (2) Liberar crédito sobrante de dous contratos para que se poida destinar a outros gastos.