A Xunta de Goberno Local aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos do Concello.

Licenzas (2). Conceder 2 licenzas de obra: á Asociación de Veciños Laxas para o proxecto básico e de execución dunha pasarela de madeira para readaptación de sendeiro privado dun paso existente nas Curuxeiras, e a un particular para o proxecto básico dunha vivenda unifamiliar adosada en Barrocás.

Aperturas (1). Conceder a licenza de obra para a adaptación dun local a ximnasio na rúa Samuel Eiján.

Infraestruturas (1). Recoñecer a obriga correspondente a unha das certificacións das obras do proxecto de pavimentación en pedra e renovación da rede de servizos nas rúas Parque de San Lázaro, Xoaquín Lorenzo, Bedoya e Cardenal Quevedo.

Xestión económica e orzamentaria (1) Aprobar unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.

Avogacía consistorial (9). A Xunta de Goberno Local deu conta de 6 sentenzas: 4 do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, outras 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; dun decreto do Contencioso-Administrativo número 1, e dunha providencia do Tribunal Supremo. Ademais, o Concello comparecerá nunhas dilixencias previas diante do Xulgado de Instrución número 1

A proposta de modificación das bases reguladoras da oferta de emprego público do Concello de Ourense extraordinaria para a estabilización de emprego temporal foi retirada da orde do día para mellor estudo.

Comparte este artigo