HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu hoxe no salón de plenos.

Licenzas (5). Acordou conceder as licenzas para o proxecto modificado dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Castro, para a rehabilitación doutra no lugar de Turei, para a adaptación dun baixo a vivenda na rúa de Antonio Puga e para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa do Seminario. Tamén autorizou unha prórroga para rematar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Saceda.

Contratación (1). Aprobou a prórroga por 1 ano do contrato do servizo de rede de telecomunicacións (lote 1: telefonía fixa) do Concello de Ourense.

Xestión económica e orzamentaria(1). Aprobou unha relación de facturas do ano 2025 non aprobadas no dito exercicio (recoñecemento extraxudicial de créditos XGL 1/2026).

Avogacía consistorial  (8). Deu conta de 4 sentenzas, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polos tribunais de instancia da sección do contencioso-administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense. Tamén foi informada de que o Concello comparecerá en 4 procedementos diante dos xulgados de Ourense.

Publicacións Relacionadas