HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (5). Concedeu catro licenzas de obra: para o proxecto de execución de iluminación ornamental do IES Otero Pedrayo, que executará o Instituto Enerxético de Galicia; para a rehabilitación dun edificio na Praza Manuel Sueiro, esquina coa rúa Liberdade, para 5 vivendas protexidas, rochos e local comercial, que levará a cabo o Instituto Galego da Vivenda e Solo; e para a reforma de 2 locais para vivendas, en edificios emprazados nas rúas Vila Valencia e Gregorio Fernández. Tamén aprobou a rectificación dun acordo aprobado nunha xunta de goberno anterior.

Aperturas (1). Concedeu a licenza urbanística de obra para a adaptación de local para uso de comercio polo miúdo de material deportivo na planta baixa dun inmoble da rúa Curros Enríquez.

Patrimonio (3). Desestimou dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial e declarou a desistencia doutra.

Administración xeral (1). Aprobou un expediente para liberar crédito dispoñible na partida do contrato de limpeza de instalacións municipais.

Persoal e recursos humanos (1). Aprobou inicialmente a modificación puntual 3/2025 da Relación de Postos de Traballo para o cambio da adscrición orgánica das unidades administrativas de Parques e Xardíns dependentes da área de goberno de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo e das funcións e denominacións dalgúns postos de traballo.

Avogacía Consistorial (5). Deu conta de 5 sentenzas: 1 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e 4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo. Retirouse da orde do día, para mellor estudo, unha sentenza do Xulgado do Social número 4.

Publicacións Relacionadas