A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 18 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a primeira hora da mañá no salón de plenos do Concello.
Licenzas (5). Conceder 4 licenzas de obra: para a construción dunha vivenda unifamiliar no Camiño Lama de Frade, para a reforma e ampliación dun pombal no Lugar de Canivelos, autorizando o seu uso residencial; para a consolidación estrutural do muro de pedra dunha vivenda unifamiliar en Vilar de Astrés, e para a rehabilitación dun edificio na rúa da Paz, coa substitución da carpintería exterior na fachada principal e a reposición de acabado na cuberta. Tamén se aprobou declarar a caducidade dun expediente de solicitude de licenza de obras.
Aperturas (2). Aprobar o proxecto en vía de legalización de ampliación de actividade para cafetería na rúa Villamil e Castro e conceder a licenza para a adaptación dun local para uso de restaurante na Avenida da Habana-rúa Sáenz Díez.
Disciplina (1). Aprobar a liquidación definitiva dos gastos que implicaron as actuacións de urxencia tralo desprendemento do muro dun edificio na rúa Fonte do Monte, xunto ao colexio Cardeal Cisneros, que ascenden 181.839,68 euros, e requirir a empresa responsable do dano ocasionado para que proceda ao abono da dita cantidade.
Contratación (3). Aprobar os expedientes para contratar o servizo de mantemento de varias plataformas de sistemas de información do Concello; a subministración en lotes do mantemento ou actualización de distintos produtos de software e hardware integrados na plataforma do Concello, e para a subministración de prendas de uniformidade e complementos da Policía Local do Concello de Ourense
Artes e festexos (1). Aprobar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e o Liceo de Ourense, ao que o Concello destinará unha achega de 6.000 euros
Sanidade (2). Aprobar a concesión de dúas subvencións por importe de 30.000 euros. Serán para a asociación Comité Cidadán Anti-sida de Ourense para o financiamento do Programa de Redución de Riscos en Usuarios de Drogas por Vía Parenteral correspondente ao exercicio 2024; e para a Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home, para financiar o proxecto educativo-terapéutico de actividades de rehabilitación e inserción sociolaboral en réxime residencial de condutas aditivas para persoas con adicións correspondente ao exercicio 2024
Recursos humanos (1). Rectificar un acordo da Xunta de Goberno Local do día 8 de novembro.
Infraestruturas (1). Rectificar un acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de novembro.
Alcaldía (1). Suspender con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, a prestación do servizo de control de aparcamento regulado pola Ordenanza Reguladora de Aparcamento (ORA), que actualmente presta en precario a empresa Grupo europeo de servicios Doal; e declarar de forma expresa a necesidade, por interese público, de continuar coa prestación do servizo de retirada de vehículos que tamén presta en precario a dita empresa, e comunicarlle a orde de continuidade en tanto no se proceda á adxudicación dun novo contrato.
Avogacía Consistorial (1). Coñecer un auto ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense

