A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar no mediodía de hoxe no salón de plenos
Licenzas (8): Conceder licenza para os proxectos de acondicionamento dun local para vivenda na rúa Bispo Carrascosa; para a construción dunha vivenda unifamiliar en Vilar de Astrés; para a reforma do portal dun edificio na rúa Xoán XXIII; para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa dos Remedios; para a adaptación de planta de oficinas para 2 vivendas na Avenida de Portugal e para a construción dunha unifamiliar na rúa do Orcellón. A Xunta Local deuse por coñecedora do cambio do titular da licenza urbanística de obra para o proxecto básico de construción dun edificio na rúa Fonte do Monte. Tamén tratou o expediente de execución dunha sentenza do Xulgado do Contencioso- Administrativo número 1
Disciplina (1) Declarar de oficio en situación de ruína un inmoble na rúa do Camiño do Trasno e acordar a súa demolición, por parte da propiedade.
Patrimonio (4) Estimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial e desestimar outras 2
Artes e Festexos (1) Aprobar as bases e a convocatoria do procedemento para outorgar a autorización demanial de ocupación temporal do dominio público municipal, en réxime de concorrencia, con destino á instalación e explotación dunha barra de bar durante a celebración das festas do barrio do Couto
Alcaldía (1). Aprobar o proxecto de ordenanza reguladora das tarifas dos servizos de abastecemento de auga potable, sumidoiros e depuración de augas residuais do Concello de Ourense. Daráselle traslado do proxecto aos grupos políticos municipais, que poderán formular emendas no prazo de 10 días hábiles desde que reciban a comunicación deste acordo. Tamén se lle dará traslado do proxecto de ordenanza e de toda a documentación que integra este expediente á Comisión de Prezos de Galicia, para o seu informe no relativo ás tarifas de abastecemento domiciliario de auga potable
Asuntos sociais (1) Liberar a estado de dispoñible crédito sobrante dun contrato.
Persoal e recursos humanos (1) Modificación nº 1/2025 da Relación de Postos de Traballo do Consello Municipal de Deportes de Ourense (determinación da forma de provisión do posto de Xefatura da Administración do Consello Municipal de Deportes)
Avogacía Consistorial (3). Dar conta dunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2, doutra do Xulgado do Social número 4, e dun emprazamento para que o Concello compareza diante deste mesmo xulgado nun procedemento ordinario.
Comercio (1) Requirirlle á mercantil Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos nº1 de Ourense SL que, nun prazo máximo de 3 meses, presente o proxecto de adaptación do espazo interior para o traslado dos postos para o exercicio da actividade mercantil, actualmente emprazados na Alameda, ao edificio rehabilitado do mercado municipal. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao que recibe a notificación deste acordo.
O proxecto deberá ser aprobado posteriormente polo Concello e, no caso de que presente eivas, estas deberán emendarse nun prazo máximo adicional de 2 meses. Unha vez aprobado o proxecto polo Concello, este deberá executarse no prazo máximo de 6 meses, salvo que no propio proxecto se estableza un prazo de execución inferior.

