A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 3

A Xunta de Goberno Local aprobou 22 acordos, na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello.

Licenzas (2). Conceder a licenza de obra en vía de legalización e obras maiores de remate de reforma dunha vivenda unifamiliar, no camiño do Balneario, e denegar a licenza de obra para o proxecto técnico de adaptación dun local

Planeamento (1). Tomar coñecemento do informe de ponderación dos intereses locais afectados da Concellería Delegada de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo de data 22 de febreiro de 2024, sobre o Proxecto básico de construción do novo Centro de Saúde Novoa Santos en Ourense, presentado pola Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, que se asume nos seus propios termos, debendo procederse dacordo co indicado no mesmo, ós efectos do previsto na Lei de Galicia 3/2016. Este informe é un trámite necesario e supón un paso adiante para continuar coa tramitación do proxecto presentado polo Sergas.

Patrimonio (1). Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial por danos nun vehículo por unha focha, xa que non concorren os requisitos que dan dereito a unha indemnización

Contratación (1). Acordar a segunda prórroga, por 1 ano, do contrato do servizo de mantemento da caseta de control da calidade do aire do Concello

Comercio (1). Recoñecer a favor do Xulgado do Contencioso número 1 cantidades derivadas da execución definitiva dun procedemento abreviado.

Asuntos Sociais (1). Recoñecer unha obriga en concepto de alugueiro de locais da área social do Concello

Servizos Xerais (2). Aprobar un expediente para liberar crédito dispoñible e recoñecer unha obriga a favor dunha mercantil en execución dunha sentenza.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobar unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio,

Avogacía Consistorial (12). A Xunta de Goberno deu conta de 3 sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, unha do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e tomou coñecemento de que o Concello foi emprazado a comparecer diante dos xulgados do Contencioso Administrativo e do Social en 8 procedementos ordinarios ou abreviados.

Comparte este artigo