A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas e aperturas (8). Concedeu 8 licenzas de obra, para os proxectos de:
- reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Arce Mayoral, en Seixalbo
- rehabilitación dun edificio e anexos na rúa Alejandro Outeiriño
- rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Outeiro da Granxa
- reforma do portal dun edificio na rúa Pura e Dora Vázquez
- instalación de ascensor nun edificio da rúa dos Mirtos
- rehabilitación dun edificio para o seu uso como apartamentos turísticos na rúa Alejandro Outeiriño
- mantemento e conservación de fachadas e cuberta dun edificio na avenida de Pontevedra, e
- adaptación dun local para centro de estética na rúa Ervedelo.
Patrimonio (2). Deu conta de dous expedientes para a recuperación de danos causados por vehículos en bens municipais. O primeiro, relativo a un farol na rúa Coenga, foi arquivado. No segundo, referente a un sinal na avenida Otero Pedrayo, requiriuse á compañía de seguros unha indemnización polos danos ocasionados ao patrimonio do Concello.
Parques e xardíns (1). Acordou declarar a tramitación urxente do procedemento de adxudicación do contrato das obras do proxecto de “Construción de refuxios climáticos en varias rúas do Concello de Ourense”, necesario para executar as actuacións previstas no convenio de colaboración subscrito coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para o desenvolvemento e execución dun proxecto piloto de refuxios climáticos.
Avogacía consistorial (11). Deu conta de 4 sentenzas ditadas polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo das prazas número 1 e 2 de Ourense e foi informada de que o Concello deberá comparecer en 7 procedementos xudiciais diante dos tribunais de instancia da sección do contencioso-administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense e 1 e 2 de Vigo.



