O Concello destinará 18.000 euros a un convenio coa asociación xuvenil Amencer para a organización do Campamento Urbano
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar no mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (7). Concedeu cinco licenzas: para o acondicionamento como vivendas de dous locais: un na rúa do Ensino e outro na rúa Salvador Dalí; para o proxecto modificado de reforma dun inmoble destinado a uso hoteleiro (pensión) na avenida de Santiago; para a instalación dun ascensor e dunha plataforma elevadora nun edificio na rúa Curros Enríquez e para unha modificación do proxecto de remodelación dun edificio na rúa Colón. Tamén lle deu o visto e prace ao proxecto modificado de reforma dun edificio na rúa Vila Valencia e estimou a solicitude de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa Cortegada.
Patrimonio (3). Desestimou unha reclamación de responsabilidade patrimonial e inadmitiu outras dúas.
Servizo de Rehabilitación (4). Aprobou catro correccións de erros en acordos dunha xunta de goberno local anterior.
Avogacía consistorial (12). Deu conta de 5 sentenzas: 4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; e de 3 autos, ditados polo Superior de Xustiza, e polos xulgados de Primeira Instancia número 3 e 4. Ademais, foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en 4 procedementos diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2, e do Social 1.
Fóra da orde do día (1). Aprobou o convenio de colaboración do Concello coa asociación xuvenil Amencer para a organización do Campamento Urbano. O Concello destina unha achega de 18.000 euros a esta actividade.