A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 28 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar neste mediodía no salón de plenos.
Licenzas (9). Concedeu as licenzas de obra para os proxectos de:
– instalación dun ascensor nun edificio da estrada da Granxa
– remate da reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Arco da Vella
– rehabilitación de dúas edificacións para vivenda unifamiliar na rúa do Lagar
– vivenda unifamiliar no Camiño de Zaís, Velle
– substitución de ascensor nun inmoble na Avenida de Bos Aires e
– construción dunha vivenda unifamiliar en Prado Loña.
Tamén concedeu a primeira ocupación por legalización de usos dunha vivenda unifamiliar na rúa Esgos e dun inmoble destinado a almacén, oficinas e comercio en Outariz, e unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña.
Aperturas (1). Denegou a solicitude de titulo habilitante de natureza urbanística para o proxecto de adaptación dun local comercial a centro deportivo na rúa Curros Enríquez.
Asuntos Sociais (3). Aprobou as bases reguladoras que rexerán as convocatorias públicas que realizará o Concello para seleccionar os proxectos que formarán parte de 3 programas da Concellería de Asuntos Sociais: o de envellecemento activo para persoas maiores, o de actividades para nenos e nenas e o de actividades para persoas adultas dos centros cívicos para o período 2025/2026.
Disciplina (2). Declarou de oficio en situación de ruína un inmoble na Avenida de Santiago e acordou a súa demolición, e aprobou a liquidación dos gastos que ocasionou a demolición dunhas obras ilegais na rúa Cuña de Abaixo. Neste caso, foron 0 euros, xa que a demolición foi realizada de maneira voluntaria pola propiedade do inmoble.
Rehabilitación (1) Rectificar un erro nun acordo dunha xunta de goberno anterior.
Contratación (2). Aprobou unha modificación non substancial do contrato da subministración de bicicletas eléctricas, estacións e ancoraxes para o servizo municipal de alugueiro de bicicletas do Concello. Contará con 330 bicicletas e 35 estacións, das que 23 disporán de servizo de recarga, e un total de 500 ancoraxes, das que 350 serán de recarga eléctrica. Tamén acordou prorrogar por un ano o contrato dos servizos de acceso a internet de banda ancha para o edificio de La Molinera.
Recursos humanos (1). Aprobou convalidar o gasto comprometido para este ano en virtude do nomeamento da nova xefa do Servizo de Recursos Humanos.
Avogacía Consistorial (9). Deu conta dunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, doutra do número 2 e dunha providencia do Tribunal Supremo. Ademais, o Concello comparecerá en 6 procedementos abreviados diante dos xulgados de Instrución número 1 e 3, e do Contencioso-Administrativo números 1 e 2.



