A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos do Concello.
Licenzas (5). Conceder 4 licenzas de obra: para a reforma dun local para vivenda na rúa Nova, para a rehabilitación dun local para garaxe nun edificio na rúa Ribeira de Canedo, para a remodelación dunha vivenda na rúa do Paseo e para a reforma dun local para garaxe na rúa Río Támega. Tamén se aprobou estimar unha solicitude e declarar a innecesariedade de segregación dun inmoble na rúa Zanfona.
Patrimonio (1). Desestimar un recurso contra o acordo dunha xunta de goberno anterior que desestimou unha reclamación de responsabilidade patrimonial
Asuntos sociais (1). Aprobar un expediente de liberación de crédito
Alcaldía (1) Denominar oficialmente “Glorieta da Policía Nacional” a rotonda que serve de conexión entre a rúa Curros Enríquez e a Avenida Otero Pedrayo, sita fronte á Comisaría da Policía Nacional de Ourense (Rúa Mestre Vide, 4).