A Xunta de Goberno Local aprobou once acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou once acordos na súa súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (7)

  • Conceder a licenza de segregación para trasteiro anexo a unha vivenda na rúa Prieto Nespereira para crear dous predios rexistrais independentes.
  • Conceder a primeira ocupación pola legalización de usos dunha vivenda na planta baixo cuberta dun edificio na rúa Curros Enríquez.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar no Paseo Praia Fluvial, en Oira.
  • Aprobar os criterios da ocupación da vía pública para diferentes actos e actividades.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de remodelación dunha vivenda, instalación de ascensor e mellora da eficiencia enerxética, na rúa Tangaraño.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma da cuberta dunha vivenda unifamiliar na rúa da Lama.
  • Conceder a licenza de obra para o proxecto básico e de execución para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa das Oliveiras, en Seixalbo.

Aperturas (1)

  • Conceder a licenza para o proxecto básico para a rehabilitación dun edificio para o seu uso como apartamentos turísticos na rúa Alejandro Outeiriño.

Contratación (1)

  • Aprobar o expediente para contratar a subministración en réxime de alugueiro e instalación da iluminación do Nadal, coa aprobación das cláusulas administrativas e técnicas, cun orzamento de licitación de 599.000 euros, IVE engadido. Tamén se autoriza o gasto e se dispón a apertura do procedemento de adxudicación.

Fóra da orde do día (2)

  • Nomear a concelleira Tamara Silva Cid como representante do Concello na Asociación para o desenvolvemento rural da comarca de Ourense (Adercou).
  • Nomear a concelleira Tamara Silva Cid e o concelleiro Rafael Martínez Cachafeiro como representantes do Concello na asociación para o desenvolvemento rural dos concellos de Ourense, Coles e A Peroxa (Droucope).
Comparte este artigo