HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou tres acordos este mediodía nunha sesión...

A Xunta de Goberno Local aprobou tres acordos este mediodía nunha sesión extraordinaria

- Anuncio -spot_img
  • Trátase dunha delegación de competencias, unha modificación da RPT e a corrección dun erro nas bases para adxudicar as barras de bar do Entroido

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse esta mañá no salón de plenos nunha sesión extraordinaria na que aprobou 3 acordos:

  • Delegación de competencias da Xunta de Goberno Local na Alcaldía e nos concelleiros do goberno municipal. O cambio máis salientable é que a xestión dos vaos e das reservas de estacionamento para carga e descarga de mercadorías na vía pública pasa a depender da Concellería de Urbanismo.
  • Aprobación inicial da modificación puntual 4/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense, dunha serie de postos de traballo.
  • Aprobación das bases que regularán o procedemento para outorgar a autorización demanial, en réxime de concorrencia, para instalar e explotar dúas barras de bar durante a celebración do Entroido de Ourense 2026. O acordo ten como finalidade corrixir un erro tipográfico detectado nas bases aprobadas no día de onte. O importe de licitación será 22.000 euros, non 15.000. As bases e a convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Publicacións Relacionadas