test
Home Ourense A Xunta de Goberno Local dá licenza á Xunta para as obras...

A Xunta de Goberno Local dá licenza á Xunta para as obras de ampliación do instituto Eduardo Blanco Amor

- Anuncio -

Aproba un proxecto de modificación orzamentaria para reformar un edificio na Praza da Trindade como nova Oficina de Rehabilitación

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía concederlle a licenza urbanística á Xunta de Galicia para executar as obras de ampliación do instituto Eduardo Blanco Amor, na rúa Vicente Risco. Na mesma sesión, ordinaria desta semana, aprobou o proxecto de modificación orzamentaria 1P/2024, que ten como finalidade destinar un investimento de 400.000 euros á rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, que será acondicionado como nova sede da oficina de rehabilitación do conxunto histórico da cidade. Na reunión, desenvolvida no salón de plenos, tratáronse 27 expedientes presentados polos diferentes servizos municipais.

Licenzas (3)

  • Conceder á Vicesecretaria Xeral da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia a licenza urbanística de obra maior para o proxecto básico e de execución de ampliación do IES Eduardo Blanco Amor, na rúa Vicente Risco, cun orzamento de execución material de 732.288 euros.
  • Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar acaroada na rúa de Rairo
  • Denegar a petición formulada por un particular de suspensión dunhas obras nun edificio amparadas por licenza

Patrimonio (5)

  • A xunta local deu conta de 4 reclamacións de responsabilidade patrimonial: unha se inadmite e 3 se desestiman. O Concello tamén requirirá unha aseguradora para que pague unha indemnización de 647,59 euros polos danos causados por un vehículo nunha xardineira na rúa da Concordia

Contratación (1)

  • Acordar a prórroga por 1 ano do contrato do servizo de conserxaría dos centros cívicos do Concello de Ourense

Rehabilitación (1)

  • Aprobar a actualización para o ano 2024 do Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense

Xestión económica e orzamentaria (2)

  • Aprobar unha relación de facturas por un importe total de 38.984,92 €, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2023 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio
  • Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 1P/2024, utilizando a figura dos créditos extraordinarios. Destinará 400.000 euros á rehabilitación do edificio emprazado na Praza da Trindade, número 5 como sede da Oficina de Rehabilitación do Conxunto Histórico da cidade. O acordo aprobado hoxe elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación proposta,

Alcaldía (2)

  • Aprobar a modificación do Plan de Medidas Anti – Fraude para a Xestión de Fondos Europeos do Concello de Ourense para a súa adaptación á Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción
  • Aprobar a política de seguridade da información do Concello de Ourense, resultante da revisión e adecuación á normativa que orixina a segunda edición do documento.

Avogacía consistorial (13)

A Xunta de Goberno Local deu conta dun auto ditado polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense, e de 3 sentenzas ditadas polos xulgados do Social número 2 e 3 da cidade e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Ademais, o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense nun procedemento abreviado e diante do número 2 en 3 procedementos abreviados e 1 ordinario. Tamén diante do Xulgado de Primeira Instancia número 4 nun procedemento ordinario e do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, en 2 dilixencias previas. Finalmente, a xunta local aprobou a corrección dun erro material na acta dunha xunta de goberno anterior.

Relacionadas

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e...

0
·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de...

A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor...

0
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu ao acto público organizado en Valença do Minho A antiga alfándega de Valença do Minho (Portugal), acolleu...

A Deputación de Ourense presenta o proxecto OU DS A2030, financiado polo Ministerio de...

0
Este primeiro encontro formalizou as bases estratéxicas para a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a través da implantación da A2030 na Deputación...

O alcalde recibe o árbitro ourensán Manuel Casanova Cudeiro, que acadou o premio ao...

0
O deportista, que tamén é axente da Policía Local de Ourense, conseguiu por cuarta vez o trofeo na categoría de Terceira Federación de fútbol O...

Asociación Amencer e Concello convidan a rapazada da cidade a desfrutar do verán no...

0
A concelleira de Xuventude, o xerente de Amencer e o director do campamento presentaron a actividade, que chega a súa edición número 37 como...

A Deputación organiza unha viaxe de familiarización para promover o turismo corporativo na provincia...

0
Esta actuación, organizada a través do Inorde, foi coorganizada coa Asociación de Secretariado Profesional de Madrid, da que forman parte especialistas procedentes de grandes...

Publicacións Relacionadas