A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 11 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 11 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos.

Asuntos sociais (1). Aprobar as bases reguladoras que rexerán a convocatoria pública para a selección de proxectos para a súa inclusión no Programa de envellecemento activo do Concello de Ourense, para o período 2024-2025. As bases publicaranse no taboleiro de edictos e na web do Concello.

Infraestruturas (1) Autorizar o inicio do procedemento para a modificación do contrato de obras de mellora da seguridade peonil mediante pasos de peóns elevados.

Disciplina (1) Arquivar un expediente de disciplina urbanística

Patrimonio (2). Considerar unha particular desistida dunha reclamación de responsabilidade patrimonial e estimar a solicitude doutra e recoñecer que un terreo en Casardomato que figura no Inventario de Benes do Concello non é de titularidade municipal. Proporáselle ao Pleno a modificación do inventario na súa próxima actualización.

Avogacía Consistorial  (6). Dar conta dun auto ditado polo Xulgado de Instrución número 3 de Ourense e tomar coñecemento de que o Concello foi emprazado a comparecer en 5 procedementos abreviados diante do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1.

Comparte este artigo