A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 26 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre os asuntos tratados, deulle o visto e prace á convocatoria de axudas en especie para a adquisición de libros de texto, material escolar e comedor escolar para o curso 2025/2026. Tamén abordou 9 expedientes da Avogacía Consistorial, 4 de Licenzas, 4 de Patrimonio, 4 de Contratación, 1 de Servizos Xerais, 1 de Infraestruturas e 1 máis de Asuntos Sociais.
Licenzas (4). Conceder as licenzas de obras para os proxectos de instalación de ascensores en 2 edificios de vivendas nas rúas Universidade e Cabeza de Manzaneda; para o proxecto de demolición de 2 edificios con conservación de fachadas nas rúas Paseo e Cardeal Quiroga e rectificación dun acordo dunha xunta de goberno anterior
Patrimonio (4) Desestimar dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial, e aprobar un pagamento de custas procesuais e o exercicio de accións para a regularización xurídica dun predio do que se declara titular o Concello.
Contratación (4). Acordar a prórroga por 1 ano dos contratos de 3 servizos: mantemento do aplicativo Cividas; mantemento do software de bases de datos Oracle e mantemento do equipamento do centro de proceso de datos do Concello, lotes 1 e 2. Tamén se acordou rectificar un erro material dun acordo dunha xunta de goberno anterior.
Servizos Xerais. (1) Rectificar un acordo dunha xunta de goberno anterior
Asuntos Sociais (2). Aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión de axudas en especie para a adquisición de libros de texto, material escolar e comedor escolar para o curso 2025/26, e recoñecer unha obriga derivada do alugueiro dun local.
Infraestruturas (1). Corrixir un erro nun acordo de xunta de goberno local anterior.
Avogacía Consistorial (9). A Xunta de Goberno deu conta de 3 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense e dunha sentenza e 2 autos do número 2. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer diante do Contencioso número 2 nun procedemento abreviado, diante do Social número 3 nun ordinario e diante do Social número 1 noutro.
Delegación de competencias
Tamén se aprobou a delegación de competencias propias da Xunta de Goberno Local nos concelleiros delegados, nas súas respectivas áreas, de conformidade co decreto asinado o pasado luns polo alcalde.