A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (2). Conceder as licenzas urbanísticas para o proxecto de demolición dun edificio na avenida da Habana e para a construción dunha vivenda unifamiliar na rúa do Cruceiro, no Cumial

Xestión urbanística (1). Convocar a Asemblea Xeral Ordinaria da Xunta de Compensación do Polígono Único do SURBZ-20 “O Fonsillón- A Farixa”

Infraestruturas (2). Recoñecer 2 obrigas a favor da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, por taxas correspondentes ao canon por verteduras autorizadas

Persoal e Recursos Humanos (1) Convalidar o decreto da Alcaldía número 2024007281, de 11 de outubro de 2024, con efectos da data de emisión do dito decreto, ratificando o nomeamento definitivo de José Manuel Oliver Rivera no posto de Director Xeral de Recursos Humanos do Concello de Ourense.

Avogacía Consistorial (7). Dar conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, e dunha sentenza, dun auto e dun decreto do número 2. A Xunta de Goberno tamén foi informada de que o Concello comparecerá diante destes dous xulgados nun procedemento ordinario e en dous procedementos abreviados.

Comparte este artigo