A Xunta de Goberno Local aprobou 19 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello. Entre eles, concedeu 5 licenzas urbanísticas, para a construción de dúas vivendas unifamiliares, a instalación dun ascensor, a reforma dunha vivenda, e para a ampliación dunha edificación de COREN en Santa Cruz de Arrabaldo.
Licenzas (6)
Conceder unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Ramón Puga
Darse por informada do cambio do titular da licenza de obra para o proxecto de adaptación dun baixo a vivenda na rúa Serra de Queixa
Conceder a licenza para o proxecto básico e de execución dunha vivenda unifamiliar na rúa Alfredo Brañas
Conceder a licenza de obra de mellora nas condicións de accesibilidade mediante a instalación dun ascensor nun edificio na avenida de Portugal
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Torres
Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto modificado de execución dunha vivenda unifamiliar na rúa Penouzos, en Seixalbo
Aperturas (1)
Concederlle a Cooperativas Orensanas S.C.G. (COREN) a licenza de obras para o proxecto de ampliación dunha edificación no centro de procesado avícola de Santa Cruz de Arrabaldo para a recepción de animais vivos (polos e pavos).
Xestión urbanística (1)
Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación dos volumes edificables nas parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 do Plan Xeral de 1986, por pedimento da Xunta de Galicia – Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Infraestruturas (5)
Recoñecer 5 obrigas a favor da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil
Avogacía Consistorial (6)
A Xunta Local deu conta dunha sentenza, un auto e un decreto do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense, unha sentenza do Xulgado de Instrución número 1, e outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén tivo coñecemento de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do contencioso número 1 nun procedemento ordinario.

