HomeOurenseA Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 22 asuntos...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 22 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 15 de xaneiro, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 22 asuntos na orde do día.

  • Licenzas e aperturas (4). Tratará 3 solicitudes de licenzas para unha reorganización de predios, unha actividade comercial e un restaurante. Tamén se abordará a caducidade dun expediente de solicitude de licenza.
  • Disciplina (2). Dous expedientes de declaración de inmobles en situación de ruína.
  • Servizo de Contratación (1). Aprobar a modificación non substancial número 2 do contrato de subministración de bicicletas eléctricas, estacións e ancoraxes para o servizo municipal de alugueiro de bicicletas.
  • Infraestruturas (1). Revisión excepcional de prezos relativa ao contrato das obras do “Proxecto de acondicionamento da Avenida Pardo de Cela”.
  • Artes e festexos (1). Xustificación do anticipo de caixa fixa desta área municipal correspondente ao último trimestre de 2025.
  • Alcaldía (1). Proxecto de ordenanza municipal reguladora do servizo e dos prezos públicos da piscina termal das Burgas.
  • Avogacía consistorial (12). Dará conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 7 sentenzas e 2 autos ditados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e dun auto do Contencioso-Administrativo número 2. Tamén será informada de que o Concello deberá comparecer diante do Xulgado Central Contencioso-Administrativo número 7 de Madrid nun procedemento abreviado.

Publicacións Relacionadas