HomeOurenseA Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 24 expedientes...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 24 expedientes na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 24 expedientes na súa sesión ordinaria desta semana, que se levará a cabo mañá, xoves, 5 de xuño, no salón de plenos.

Licenzas (8)

  • Proxectos de construción dunha vivenda unifamiliar no Camiño Arrieiros, de execución dunha edificación anexa a unha unifamiliar en Paradela, destinada a almacén, garaxe e maquinaria agrícola, e de instalación dun ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires
  • Legalización de uso residencial para vivendas nun edificio da rúa Mercado
  • Expedientes de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación de 3 parcelas, nas rúas da Cruz, do Campo e Montederramo, e dun local na planta baixa dun edificio na rúa Bonhome

Aperturas (1) Solicitude de licenza de obra menor nun local na rúa da Paz

Patrimonio (1) Unha reclamación de responsabilidade patrimonial

Contratación (1) Acordar, se procede, a prórroga do contrato de mantemento da aplicación Séneca empregada para a gravación en streaming dos plenos municipais

Participación Cidadá (1) Bases e convocatoria de subvencións a asociacións de veciños para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal para o ano 2025

Avogacía Consistorial (12) A Xunta de Goberno dará conta de dúas sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo e dun auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1. Tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en nove procedementos diante dos xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2 de Ourense, do número 2 de Vigo, e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicacións Relacionadas