A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense celebrará mañá, mércores, 19 de febreiro, a súa sesión ordinaria desta semana. A convocatoria inclúe 47 asuntos na súa orde do día. Entre eles, 23 expedientes da Avogacía Consistorial, 5 de Licenzas, 1 de Aperturas, 10 de Patrimonio, 1 de Contratación, 4 de Infraestruturas, 1 de Medio Ambiente, 1 de Transportes e 1 de Artes e Festexos.
Licenzas (5)
· Proxecto básico e de execución para a instalación dun ascensor nun edificio na rúa Vázquez Núñez
· Primeira ocupación por legalización de usos de vivendas unifamiliares acantoadas sitas en rúa Alfredo Brañas
· Licenza urbanística para segregación e simultánea agrupación de parcelas en Valdorregueiro.
· Proxecto modificado de proxecto básico e de execución de reforma de vivenda unifamiliar na rúa da Costa, A Lonia.
· Proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Camelias
Aperturas (1)
· Recurso potestativo de reposición contra o acordo núm. 11 da Xunta de Goberno Local do 29 de decembro de 2023, polo que se lle concede á sociedade “PLENOIL, S.L.” a licenza urbanística de obra e instalación de establecemento dedicado á actividade de distribución ao por menor de produtos petrolíferos no réxime de autoservizo na rúa Canizo, Seixalbo, estrada OU- 105
Patrimonio (10)
· Cumprimento do decreto de 2 de maio de 2023. Pago de custas procesuais do PA 74/2022
· Cumprimento da sentenza 179/2024 do 10 de outubro ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense
· Reclamación de responsabiliade patrimonial polos danos causados por un vehículo nunha pilona na rúa Ramón Abellás
· Reclamación de responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa “A” de Santa Mariña do Monte
· Reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos causados por un vehículo nunha tapa de rexistro na praza Bispo Cesareo
· Reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados nun vehículo como consecuencia de impacto cun pivote
· Cumprimento de sentenza 210/2024 do 15 de novembro ditada no PA 8/2024 seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense
· Recurso de alzada. Reclamación de responsabilidade patrimonial por presuntos danos consecuencia da instalación de servizos na rúa das Piñas
· Solicitud de aboamento de indemnización por retraso en entrega de local na rúa Villar
· Recuperación de oficio de danos causados por un vehículo nun farol na rúa Otero Pedrayo
Contraatación (1)
· Dar conta da resolución nº 24/2025, de 12 de febreiro do 2025, do Tribunal administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se resolven os recursos nº 8/2025 e 17/2025 (acumulados)
Infraestruturas (4)
· Dous pagos á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de contías impostas por expedientes sancionadores e dous pagos de custas procesuais aos xulgados do Contencioso Administrativo número 1 e 2
Medio Ambiente (1)
· Pago de taxas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Transportes (1)
· Axudas directas do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible ás entidades locais para redución temporal de abonos e títulos multiviaxe no servizo municipal de transporte público colectivo urbano durante o primeiro semestre de 2025.
Artes e festexos (1)
· Procedemento abreviado 335/2023 do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense con relación ao pago da factura 96/2022
Avogacía Consistorial (23)
Seis sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, 2 sentenzas do Xulgado do Penal número 2, 1 do Penal número 1, 1 decreto do Contencioso número 1, e 1 expediente para reclamar ante a xurisdición civil unha indemnización ao Concello polos danos ocasionados por un vehículo na rúa Nosa Señora da Saínza. Tamén se dará conta de que o Concello comparecerá en 8 procedementos diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, e en 2 dilixencias previas ante os xulgados de Instrución número 1 e número 3.