HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local reunida onte luns en sesion extraordinaria e...

A Xunta de Goberno Local reunida onte luns en sesion extraordinaria e urxente adoptou 2 acordos

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunida onte en sesión extraordinaria e urxente adoptou 2 acordos

1.- Ratificación da urxencia da sesión.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN

2.- Aprobar, a rectificación do artigo 21.2 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de 17 de xuño de 2025 (apartado 2 da orde da sesión), para a contratación do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ourense. (Expediente 2025017137).

1º.- Rectificar o artigo 21.2 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de 17 de xuño de 2025 (apartado 2 da orde da sesión), para a contratación do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Ourense (expediente 2025017137), de conformidade co indicado no informe do Servizo de Contratación.

2º.- Ordenar a publicación no DOUE e na Plataforma de Contratación del Sector Público do anuncio de rectificación, e a publicación nesta última deste acordo, xunto co informe xurídico e a versión rectificada do PCAP, ampliando o prazo de presentación de ofertas ata o 3 de setembro de 2025, ás 14:00 horas. No caso de terse presentado algunha oferta no período que medie entre a anterior publicación e a nova que se faga, notificarase expresamente aos licitadores que estean nesa circunstancia da necesidade de reformular a súa proposta de conformidade coas novas especificacións do PCAP.

3.- Contratación mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, da subministración de bicicletas eléctricas, estacións e ancoraxes para o servicio municipal de aluguer de bicicletas do concello de Ourense dentro do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano no marco do plan de recuperacion, transformación e resiliencia financiado a través do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, proxecto move ourense II (código de actuación P12_L2-20220929-1). (Expediente nº 2024026064)

Publicacións Relacionadas