A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves 19 de febreiro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 11 asuntos na súa orde do día.
Licenzas (8). Resolverá as solicitudes de licenza urbanística de obra para os proxectos de:
- reforma de portal e modernización de ascensor dun edificio na rúa Greco
- instalación de ascensor nun edificio da Avenida de Buenos Aires
- acondicionamento de baixo para cambio de uso a vivenda na rúa Río Navea
- rehabilitación de vivendas nun edificio entre as rúas Lamas Carvajal e Arcediagos
- construción de vivenda unifamiliar en Camiño Arrieiros, Barrocás
- adaptación de baixo para cambio de uso a vivenda, na rúa Camelias
Tamén resolverá unha solicitude de prórroga para o inicio das obras de instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Río Arnoia e aprobará unha rectificación de oficio dun acordo dunha sesión anterior.
Aperturas (1). Solicitude de licenza de obra para o proxecto de construción de instalación de estación de servizo entre as rúas Senra e Amizade, na estrada N-544.
Disciplina (1). Expediente de Disciplina Urbanística polo mal estado que presenta un inmoble na rúa Outeiro, Palmés.
Avogacía consistorial (1). Dar conta dunha sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense.



