A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 9 de abril, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 19 asuntos na orde do día.
Licenzas (5). Resolverá as solicitudes de licenza para a reforma de portal e substitución de ascensor nun edificio da rúa Río Mao, para a adaptación a vivenda dun baixo na rúa Ribeira de Canedo, para o proxecto modificado de instalación de ascensor nun edificio na rúa Cabeza de Manzaneda, e de primeira ocupación por legalización de usos de vivenda nun edificio na rúa Antonio Puga. Tamén autorizará a segregación dunha parcela situada na rúa Alejandro Pedrosa.
Aperturas (1). Resolverá a solicitude de licenza de obras para o proxecto de rehabilitación dun edificio na rúa Arcedianos para o uso como apartamentos turísticos.
Patrimonio (3). Tratará 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial.
Contratación (1). Expediente para contratar o servizo de limpeza dos centros educativos públicos de educación infantil e primaria (CEIPS) do Concello de Ourense.
Asuntos sociais (1). Actualización do módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia.
Educación (1). Convocatoria e bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para financiar actividades e proxectos pedagóxicos do curso 2025-2026.
Avogacía Consistorial (7). Dará conta de 6 sentenzas ditadas por diferentes xulgados de Ourense e será informada de que o Concello comparecerá nun procedemento ordinario diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.



