HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta...

A Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta semana, con 3 asuntos na orde do día

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, martes, 30 de decembro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 3 asuntos na orde do día.

Transportes (1). Aprobar os prezos dos títulos multiviaxe no servizo de autobuses urbanos, desde o día 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2026.

Asuntos sociais (1). Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a entidade Down Ourense para financiar o acondicionamento do inmoble no que presta os servizos a entidade

Servizo de rehabilitación (1). Outorgar unha subvención para as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa Hernán Cortés, na área de rehabilitación urbana do centro histórico da cidade.

Publicacións Relacionadas