A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 12 de febreiro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 17 asuntos, presentados polos servizos municipais de Licenzas, Planeamento urbanístico, Patrimonio, Recursos Humanos e Avogacía Consistorial.
Licenzas (5). Cinco solicitudes de licenzas de obra, para os proxectos de:
- Construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás
- Rehabilitación dun edificio para 10 vivendas na rúa Parada Justel
- Instalación de ascensor nun edificio na rúa Doutor Cabaleiro
- Instalación de plataforma elevadora inclinada para mellorar a accesibilidade no portal dun inmoble na rúa Recanto do Caravel
- Expediente de legalización e proxecto de reforma dun edificio na rúa Arenteiro
Planeamento urbanístico (1). Aprobación do proxecto de modificación puntual do PXOU de 1986 para o cambio de uso a equipamento sanitario-asistencial de dúas parcelas na zona 1 do SU-50, na Rúa do Seminario.
Patrimonio (1). Regularización física e xurídica de 3 parcelas de titularidade municipal.
Persoal e Recursos Humanos (2)
- Retribucións do persoal ao servizo da corporación. Aprobación do incremento do 1,5%, en aplicación do Real Decreto-lei 14/2025, de 2 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público para o ano 2026.
- Aprobación definitiva da modificación puntual 3/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT), para a determinación dos postos que se poden prestar en réxime de teletraballo.
Avogacía consistorial (8). Dará conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dunha sentenza e dous autos do Contencioso-Administrativo número 2 e dun decreto do Xulgado do Social. Tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Xulgado do Contencioso número 1 nun procedemento ordinario e 2 abreviados.



