A Xunta de Goberno Local reunirase mañá, xoves, na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 1

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 24 de abril, ás 13:30 horas, no salón de plenos, na súa sesión ordinaria desta semana. Na orde do día están incluídos dous expedientes de licenzas, relativos ao pagamento dunha taxa á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e á solicitude de licenza de obra para o proxecto de instalación dun elevador nun edificio de vivendas na rúa José Antonio Moretón. Na sesión de mañá, a Xunta de Goberno Local tratará tamén un expediente de Patrimonio, relativo a unha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por unha caída no Parque de San Lázaro.

Comparte este artigo