A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase o vindeiro mércores, 1 de abril, ás 9.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 15 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas, Contratación, Xestión económica e orzamentaria e Avogacía consistorial.
Licenzas (5). Resolverá as solicitudes de licenza para o proxecto modificado dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Castro, para a rehabilitación doutra no lugar de Turei, para a adaptación dun baixo a vivenda na rúa de Antonio Puga e para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa do Seminario. Tamén tratará unha solicitude de prórroga para rematar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Saceda
Contratación (1). Acordará, se procede, a prórroga do contrato do servizo de rede de telecomunicacións (lote 1: telefonía fixa) do Concello de Ourense
Xestión económica e orzamentaria.(1) Aprobará, se procede, unha relación de facturas do ano 2025 non aprobadas no dito exercicio (recoñecemento extraxudicial de créditos XGL 1/2026)
Avogacía consistorial (8). Dará conta de 4 sentenzas, ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e polos tribunais de instancia da sección do contencioso-administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense. Tamén será informada de que o Concello comparecerá en 4 procedementos diante dos xulgados de Ourense.

