HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratará 17 asuntos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local tratará 17 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá xoves, 26 de marzo, ás 12.30 horas, no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 16 propostas de acordo presentadas polos servizos de Licenzas, Aperturas, Patrimonio, Contratación, Facenda e Avogacía consistorial.

Licenzas (6): Conceder 4 licenzas de obra para rehabilitar 2 vivendas unifamiliares (no camiño Lobishome e na rúa do Hórreo), para instalar un ascensor nun edificio da rúa Río Tuño, e para construír a cuberta dunha edificación na rúa Ponte Pelamios. Tamén prevé denegar a autorización para o proxecto de adaptación dun baixo para uso residencial na Avenida da Universidade e declarar a caducidade da licenza para 2 unifamiliares acaroadas na rúa Castro Caldelas, porque non se cumpriron os prazos legais para rematar a obra.

Aperturas (1): Autorizar a adaptación dun local comercial a boleira, cafetería e zona recreativa na rúa Samuel Eiján.

Patrimonio (1): Aprobar un pago de custas procesuais.

Contratación (3): Acordar a prórroga, por un ano, de tres contratos municipais: subministración de electricidade en alta e baixa tensión; limpeza de edificios municipais (lotes 1, 2 e 3); e mantemento de aparatos elevadores, salvaescaleiras, portas corredoiras de cristal, barreiras e portóns dos edificios municipais.

Facenda (1): Revisar as tarifas máximas da concesión de obra pública para a construción e explotación dun centro deportivo e de saúde en Eiroás e para a reforma, mellora e xestión das piscinas públicas de Oira.

Avogacía consistorial (5): Dar conta dunha sentenza ditada polo Tribunal de Instancia, sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense e dun auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén será informada de que o Concello comparecerá en tres procedementos diante dos tribunais de instancia do contencioso-administrativo de Ourense.

Publicacións Relacionadas